Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000541
Clasificación Genérica Obxectos litúrxicos; Ourivería
Objeto/Documento Cruz
Tipología/Estado procesional
Título Cruz procesional renacentista
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición
Cicelado
Dimensiones Altura = 65 cm; Anchura = 37 cm
Descripción Cruz composta por plancha de bronce, recubrindo unha alma de madeira. Os brazos, cuxa silueta aparece bordeada por pequenas potencias, presentan remate romboidal. A decoración é plana e moi densa, de tipo plateresco, con motivos vexetais en candeleiro e medallóns circulares con cabezas de querubíns nos extremos dos brazos. O Cristo crucificado presenta unha marcada anatomía e está cinguido polo pano de pureza. A macolla, esférica, está compartimentada por un ancho friso central e dividida en seccións e ocupada por relevos con decoración vexetal moi movida a base de róleos e talos "a candelieri".
Datación 1534=1566
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Clasificación Razonada As cruces procesionais son unha das alfaias esenciais para a celebración do culto en calquera igrexa parroquial e o mellor testemuño da calidade da ourivería, tanto do ámbito rural como urbano. A cruz simboliza o sacrificio que Xesucristo fixo pola humanidade, el levou a súa cruz a costas, morrendo nela e por ela. Deste xeito, é un símbolo que para o cristianismo vén expresar tanto o suplicio polo que pasou o Mesías como a súa mesma presenza. Este tipo de pezas non era común nas igrexas, e se reservaba á grandes eventos ou cerimonias (enterros, procesións...), do cal se pode deducir que esta cruz dotaba á igrexa onde se atopaba de certa sona, xa que era de metal e non de madeira policromada, material máis pobre e frecuente. Debido á decoración plateresca e aos motivos vexetais en candeleiro, esta peza se sitúa no Renacemento, en concreto, na segunda metade.
Bibliografía DOMÍNGUEZ LÓPEZ, A. Cruz procesional renacentista. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 03/2012. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2012_03.pdf> Consulta: 02/02/2017.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6